dilluns, 28 de setembre del 2015

Acto de Homenaxe a Xosé Humberto Baena hoxe no cemiterio de Pereiro de Vigo


O acto abriuse coa lectura  pola miña parte dunha declaración en  nome da Comisión 27 de setembro ( vai en arquivo adxunto). Logo  Mari Luz Maset  leu unha carta que Ramón García Sanz escribiu ao seu irmán e única famila (enfermo de poliomenitis e impedido nun hospital de Zaragoza) días antes da súa execución e onde lle deixaba todas as súas pertenzas. A continuación Luis Viñas, leu un fragmento do relato El Relog que Baena escribira días antes da súa morte. Proseguiuse coa lectura de sendos poemas escritos para a ocasión por Manuel Pipas e Manuel Sio. Acto seguido Laura Quintillán  ofereceu ao violino un fragmento dunha sonata de J.S Bach. Despois da intervención do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo que escolleu a lectura duns versos  do seu libro “De mañá que medo”, oa cto rematoi coas intervencións de  Eva Solla e Flor Baena, curmán e irma respectivamente de Xose Luis Sánchez-Bravo e de Xosé Humberto Baena
_______________________________

27 DE SETEMBRO DE 1975-27 DE SETEMBRO DE 2015

40 ANOS DESPOIS DUNS ASASINATOS DE ESTADO

        
                O 27 de setembro de 1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executadas en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo de ser detidos e procesados nuns xuízos farsa realizados baixo xurisdición militar, en consellos de guerra sumarísimos. Foron condenados a morte en sentenzas ditadas de antemán, en base a probas inexistentes e sen testemuñas presenciais, sustentadas exclusivamente en declaracións autoinculpatorias obtidas baixo tortura. Estes feitos golpearon sobre todo a nosa cidade, porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot”Txiki” e Angel Otaegi.
            Para todos e todas os que creemos na necesidade de verdade, xustiza e reparación das vitimas da ditadura é unha obriga inescusable que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza ou desapareza para sempre da memoria colectiva.   
            Cúmprense hoxe cuarenta anos desde aquel 27 de setembro. E desde hai trinta e nove, os amigos e amigas, compañeiros e compañeiras e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de  Xosé Luis Sánchez-Bravo, vímonos xuntando aquí coa idea clara de manter viva a súa lembranza, celebrando actos como o que hoxe nos convoca diante da tumba de Pite. Sexan pois benvidas todas aquelas persoas que hoxe nos acompañan por primeira vez.
            Porén, a nosa presencia aquí non pode nin debe constituír só un acto de emocionada e irada lembranza dos compañeiros mortos. Ninguén ten dúbidas cando se trata de reivindicar con orgullo a memoria dos que, coas armas na man, loitaron para defender a lexitimidade do goberno da República. Ninguén ten dúbida tampouco á hora de calificar aquela loita como un combate xusto na defensa da legalidade. Pois ben, hoxe  nós estamos tamén aquí  para reivindicer e sentirmonos orgullosos da loita que Baena e tantos outros, homes e mulleres, mantiveron contra a ditadura franquista

Cómpre non esquecer que a loita dos que defenderon a lexitimidade republicana contra o golpe militar fascista de xullo de 1936 –comunistas,socialistas, anarquistas, nacionalistas, obreiros e campesiños, xentes sen adscripción política, antifascistas todos, republicanos en fin,  -  foi a mesma loita que mantiveron Baena e os seus  compañeiros asasinados e outros loitadores e loitadoras contra o fascismo.

Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena  e no nome da Comisión 27 de setembro
ESIXIMOS   Verdade Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que, homes e mulleres, loitaron contra a ditadura e foron as súas vitimas
Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena  e no nome da Comisión 27 de setembro
ESIXIMOS  a anulación dos xuízos da ditadura
Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro
ESIXIMOS a fin da impunidade e a extradición a Arxentina de todos os asasinos, torturadores e políticos cómplices da ditadura, para que sexan xulgados por crimes contra a humanidade

E tamén por iso e diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro
RECLAMAMOS das forzas políticas e sindicais e das organizacións e asociacións veciñais que actúan na nosa cidade que colaboren con nós para esixir á Corporación municipal que adique un espazo público á lembranza de Xosé Humberto Baena e dos seus compañeiros asasinados polo franquismo.

Moitas grazas

COMISIÓN 27 DE SETEMBRO

Vigo 27 de setembro de 2015

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada