diumenge, 7 d’abril del 2013

Actos de Homenaxe á República da CRMHC


07 Abr 2013


Escrito por: Eduardo Montagut Contreras el 07 Abr 2013 - URL Permanente
A CRMH celebra os actos de conmemoración do día da República coa súa habitual Cea no Hotel Meliá “María Pita” o vindeiro venres 12 de abril de 2013, a partir das 21’30 h .
Os actos comezarán o día 12 a partir das 19’30 h., cunha ofrenda floral na Avenida de Navarra, no Memorial ás Vítimas do franquismo na comarca da Coruña, en cuxa elaboración traballou o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".
Na Cea da República, como todos os anos, terá lugar o nomeamento da REPUBLICANA DE HONRA 2013, que este ano será outorgada a ELVIRA VARELA BAO, mestra Republicana do barrio de Labañou. Ten 10 anos cando encarceran á súa nai. A represión e o acoso das autoridades franquistas marcan toda a súa infancia e mocidade.
Co gallo desta homenaxe a CRMH d'AC elaborou un cuadríptico coa semblanza de Elvira Varela Bao, un texto realizado polo Investigador de 'Nomes e Voces', Xurxo Pantaleón Cadilla, que acompañamos nesta nova como documento adxunto.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada