dimarts, 9 d’octubre del 2012

Un neto do presidente do goberno do Consejo de Asturias y León na Guerra Civil, Belarmino Tomás, solicita a devolución de documentos do Arquivo Militar de Ferrol

http://www.nomesevoces.net/gl/post/un-neto-do-presidente-do-goberno-do-consejo-de-asturias-y-leon-na-guerra-civil-belarmino-tomas-solicita-a-devolucion-de-documentos-do-arquivo-militar-de-ferrol/




Un neto do presidente do goberno do Consejo de Asturias y León na Guerra Civil, Belarmino Tomás, solicita a devolución de documentos do Arquivo Militar de Ferrol


Un neto de Belarmino Tomás, presidente do goberno do Consejo de Asturias y León,en vixencia durante a Guerra Civil, mentres Asturias permaneceu no territorio republicano, ven de solicitar ao actual goberno asturiano que recupere a importante documentación xerada nese período e que, segundo sostén, se atopa no Archivo Militar de Ferrol. Sen que esto conste nos rexistros elaborados polo propio arquivo, ben porque non se encontra nos seus fondos, ben porque está adscrito a outra documentación máis ampla ou xeral.
Dende a perspectiva dos interesados na investigación de Historia actual de Galicia ou de España, este arquivo atesoura unha inxente e valiosísima documentación que abrangue moito mais aló do território galego, grande parte dela ainda por clasificar e indagar. Entre a máis solicitada e, pólo tanto coñecida, nestes últimos anos destacan as causas militares promovidas tras o triunfo do golpe de estado de 1936. A demanda de historiadores, investigadores e particulares tense visto satisfeita, tanto póla dirección como os traballadores do Arquivo Militar, non só na boa preparación e tratamento da documentación senón na excelente atención prestada ao público en xeral, tentando habilitar, incluso, un espazo digno para a súa consulta.
A pesar desta boa vontade, a capacidade do propio Arquivo vese desbordada, non só no que respecta á ubicación dos visitantes, senón, o que é mais importante, no que atinxe a poder preparar e clasificar toda esa inxente documentación, xa que é notoria a carencia dun persoal adecuado en cantidade e calidade para abordar con garantías a tarefa. Eiva que podería ser utilizada para evadir as demandas, de quen solicita consultar unha documentación nova, pero, por propia experiencia de quen escribe estas liñas, esto non é así, xá que grazas ao esforzo e consideración da dirección, púdose acometer unha investigación novidosa en torno á mobilización e socialización de soldados na guerra civil que está xa ofrecendo satisfactorios resultados.
Despois deste periplo, que permite entender o contexto arquivístico onde poden atoparse os documentos xerados naqueles 461 días del Consejo asturiano-leonés, cabe entrar na cuestión principal: que debería facerse se o goberno asturiano solicitase a súa entrega? 
O acontecido cos documentos propios da Generalitat ou particulares de cidadáns  cataláns debe marcar o camiño a seguir, posto que, ao igual que estos, non son documentos xerados polo estado franquista, senón que proceden de incautacións, xeralmente con fins represivos. O lóxico é que esta documentación orixinal, entendida como patrimonio histórico, deba estar no seu lugar de orixe accesible á cidadania. Mentres que o Arquivo na que se atopa, neste caso o de Ferrol, pode conservar o fondo dixitalizado. Lóxica que, salvando as distancias, ten seguido o proxecto Nomes e voces, dixitalizando multitude de documentación cedida por familias coa intención de que os orixinais seguisen gardados no seo familiar, como parte do seu patrimonio e a súa memória.
Evidentemente esta posición pode ser discutible e discutida, e non fallará quen defendendo unha ou outra postura fale de expolio e usurpación. E ao fio deste tema, sería convinte chamar a atención sobre un problema moito máis grave que a ubicación de determinados documentos, de xeito especial para os que traballan ou queren saber sobre un período tan recente e á vez oculto como o franquismo. Trátase da existencia en Archivos públicos de documentos clasificados pólas autoridades da ditadura como secretos e que como tal continuan na actualidade, impedídoselle ao investigador e ao conxunto da cidadanía a súa consulta e pólo tanto deturpando o coñecemento. Non se trata, por suposto, de informes vitais para a seguridade do estado, máis ben amosa as cautelas da democracia con un pasado totalitário, ainda moi presente. Vaia como mostra este informe cuxa lectura a lei impide: Expedientes sobre las víctimas durante la guerra de liberación  
Novas relacionadas: