dimarts, 29 de març de 2016

Anxo Ferreiro Currás. Curas concienzados, tamén no cárcere.

http://memoriadocarcere.com/2016/03/27/anxo-ferreiro-curras/#more-910


27 MARZO 2016

Curas concienzados, tamén no cárcere

Un neno de familia labrega faise sacerdote para axudar ós demáis e desde a conciencia social chega á conciencia política, naqueles anos setenta nos que tantos rexeitaban a situación de miseria económica e moral que impuña o franqusimo.
Inicios no sacerdocio e concienciación
Nace perto de Vilalba (Lugo) no 1935, fillo dun mestre represaliado; fíxose cura no seminario de Vilanova de Lourenzá e foi destinado a Vilalba de párroco. Durante eses anos sentíu como propias as dificultades da xente coa que convívía, as dificultades económicas e a imposición política. Posteriormente foi destinado á parroquia de San Juan en Ferrol e foi alí que profundizou no seu compromiso social coa colaboración de grupos de esquerda. Toma decisións como a renuncia á súa paga de cura, o compromiso, xunto a outros sacerdotes, cos veciños da súas parroquias e a colaboración cos líderes sindicais, deixándolles o local parroquial, a colaboración nas colectas de apoio ós traballadores en folga da Peninsular Maderera e de Megasa, e mesmo a implicación cos obreiros detidos.
10 de marzo
Despois dos sucesos do 10 de marzo de 1972, co resultado da morte de Amador Rey e Daniel Niebla e a conseguinte represión contra os sindicalistas no Ferrol, houbo un forte posicionamento de membros da igrexa, incluso do bispo Arauxo – quen sufríu condea de falanxistas- .
O cura Currás é detido e sometido a tratos vexatorios, acusado de homilías “proletarias” que irritaban á curia eclesiástica e pola presencia e palabras ditas en Holanda nun congreso de curas cristiáns, onde denuciara o caciquismo de Galicia, a situación da lingua en Galicia e os xuicios sumarísimos no País vasco.
Foi posto en liberdade, pero se lle impuxo unha multa imposible de pagar polo que foi levado preso ó cárcere da Coruña.
Charlas e conferencias no cárcere da Coruña
Desde Ferrol a Coruña foi levado xunto con Francisco Rodríguez e alí coincidíu con Anxo Guerreiro e outros membros do PC.
Cando chegou ó cárcere foi recoñecido polo porteiro, que era da súa aldea, de Boizán (Vilalba), un home de familia de falanxistas, pero que ó ser paisanos tivo “algo máis de consideración da que se tiña cos outros presos”.
Describe cómo era a vida no cárcere dos presos antifranquistas: “Había clases onde cada un deles ensinaba do que sabía: Guerreiro daba clase de Matemáticas e Francisco Rodríguez explicaba de nacionalismo e de Rosalía de Castro”, tamén fala das asambleas e conferencias: “Eu tiven que falar sobre “A igrexa no mundo de hoxe”, e “vin que a xente estaba moi informada de todo”; había moita solidariedade e todo, e tamén en compartir a comida.
“” e os demáis sempre decían sobre o franquismo: “Isto cae, isto cae”, pero a min o franquismo facíaseme eterno”
..saín e comimos angulas
Dado que os cregos non podían estar presos nun penal segundo o concordato, Anxo Ferreiro Currás foi levado ó convento de Herbón onde estivo varios meses; durante ese tempo foi xuzgado no TOP en Madrid, pero o policía que o denunciou non se presentou ó xuizo, así que foi liberado. “Fun absolto e ese día fumos todos a comer angulas”.
De novo multas
Cando retornou á parroquia, nunha das homilías defendeu o labor dos sindicatos e pedíu polos sindicalistas presos, de novo foille imposta unha multa cuantiosa, que foi recolectada, ante a ameaza de volver a ser apresado.
Á morte do dictador devolvéronlle as multas e a contía foi doada a Cáritas que“daquela non so axudaba ós probes, senón tamén ós represaliados”.
A Transición
Comenta que a Transición non foi o boa que debería ter sido, en realidade foi “unha maneira de dar unha saida digna ó Franquismo”. Lembra “A morte de Moncho Reboiras, os abogados de Atocha e tantos sacrificios que houbo que sufrir”. Afirma que se debeu dar unha dignificación ás vítimas da Dictadura “tanto dos primeiros tempos como dos moitos anos que durou a represión”. Tamén lle gustaría que a “Igrexa pedira perdón pola súa participación directa na venganza franquista”.
Hoxendía
Critica a política e ós políticos que hoxe “esquenceron o seu compromiso ético e moral coa clase obreira… ó servicio de intereses espúreos, no seu afán por conservar o posto, presos da burocracia, de acadar subvencións e boas pagas… esquecendo a loita pola dignidade da muller, dos emigrantes, a loita contra o traballo infravalorado e contra os abusos dos empresarios con traballadores que non teñen capacidade de reivindicación”.
Como moitos da súa xeneración, retirouse do sacerdocio, pero segue militando nas causas xustas.
de: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol I). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.