https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2161031640589846&set=a.121672424525788.18021.100000490934090&type=3&theater
O próximo luns 23 de outubro a ensaísta galega María Lopo dará unha conferencia titulada « María Casares, memoria viva de una actriz exiliada » na Université Paris-Est-La-Marne-La-Vall ée. Ademais, a mesa redonda dentro da que se encadra a súa intervención estará moderada polo escritor galego Claudio Rodríguez Fer.
Anímate! Tes toda a información aquí:
Anímate! Tes toda a información aquí:
https://www.facebook.com/fdehumanidades/posts/1303323009795242
Claudio Rodríguez Fer, escritor e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, e María Lopo, ensaísta e doutora pola Universidade da Alta Bretaña, ambos investigadores na USC, intervirán na Xornada de Estudios Internacional da Universidade de París Este, dedicada a “Represión franquista y exilio: figuras y memorias”. Os actos terán lugar o 23 de outubro de 2017 a partir das once da mañá na Université Paris-Est Marne-la-Vallée, 5, boulevard Descartes, Champs-sur-Marne (RER A, Noisy-Champs), concretamente no edificio Copernic (Auditorium Georges Perec).
O encontro será moderado por Claudio Rodríguez Fer, profesor visitante da Universidade de París Este durante o curso 2017-2018, quen presentará alí a edición do seu poema “Pai meu (Amén, camarada)” traducido a castelán, francés, italiano, inglés, grego, ruso e esperanto. Claudio Rodríguez Fer xa disertara e recitara nesta Universidade en relación coa memoria histórica, aparte de participar no recital multilingüe do seu poema “A cabeleira”, traducido a máis de sesenta idiomas.
A galicista María Lopo, especialista na actriz galega María Casares, a quen dedicou varios libros, artigos e relatorios en España e en Francia, falará de “María Casares, memoria viva dunha actriz exiliada”. Ademais, María Lopo traduciu ao francés xunto a Claudine Allende Santa Cruz (filla de exiliado republicano español), o citado poema “Pai meu”, así como editou a antoloxía poética bilingüe Les amours profonds, do mesmo autor, xa presentada por ambos en varias cidades francesas.
Por parte francesa, intervirán tres hispanistas docentes na Universidade de París Este: a historiadora Christine Delfour, que falará de “Andanzas dun periodista francés pola Galicia represaliada”; a cervantista Marie-Blanche Requejo Carrió, que tratará sobre “Manuel de la Escalera: unha voz silenciada nas letras españolas” e a valentista Claudie Terrasson, autora da primeira tese doutoral sobre Valente en Francia, que se ocupará de “José Ángel Valente: memorias poéticas dun neno da guerra”.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada