http://www.sermosgaliza.com/articulo/memoria/alcalde-ribeira-chama-imbeciles-merda-integrantes-da-comision-da-memoria-historica/20140225145838024619.html
Os acontecementos ocorreron á saída dun pleno convulso en que Manuel Ruíz Rivas se encarou @s integrantes da comisión após exixírenlle o cumprimento da Lei de memoria histórica e a retirada do título de fillo adoptivo ao golpista Otero Goyanes.
O conflito xurdiu perante unha moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en que demandaban o cumprimento da Lei de Memoria histórica e a retirada do título de fillo adoptivo de Ribeira ao militar golpista, Otero Goyanes. Na sesión plenaria estaban presentes divers@s integrantes da Comisión de Memoria Histórica do Barbanza, entre el@s o seu presidente, Xan Hermida, e o secretario, Adrián Romay.
Após unha sesión convulsa en que o alcalde de Ribeira mesmo instou a abandonar o pleno @s integrantes da Comisión, a discusión trasladouse ás portas da Casa Consistorial onde o rexedor e o concelleiro de Seguridade cidadá increparon @s asistentes ao pleno @s que chamou "idiotas de merda", segundo confirmaron a Sermos Galiza fontes testemuñais. A tensión entre os representantes populares e a veciñanza levou a un policía local a retirar ao concelleiro para evitar que este continuase a ameazar a algún dos membros da Comisión.
"Non vou deshonrar unhas familias para honrar a outras"
A moción municipal que orixinou o conflito, e que contou co apoio do BNG e de Iniciativa Progresista de Ribeira (IPR), non foi debatida de acordo coas directrices do alcalde que solicitou aos grupos explicasen o seu posicionamento após emitiren o voto. Neste senso, o rexedor ribeirense, Manuel Ruíz Rivas, asegurou que o Partido Popular non apoiaría a proposta d@s nacionalistas argüíndo que non desexaban "abrir feridas" nen tampouco, sinalou, "deshonrar unhas familias para honrar a outras".

"No pleno estaban presentes familiares do Comité de defensa da República fusilados o 29 de xaneiro de 1937", sinalou en conversa con Sermos Galiza Adrián Romay, secretario da Comisión para a recuperación da memoria. "Os que teñen os familiares nas cunetas, eses non teñen dereitos?". Desde a Comisión lembran que a obriga do goberno local é "cumprir a Lei de Memoria Histórica" e restituír a memoria das vítimas, subliñou Adrián Romay lembrando as recomendacións do representante das Nacións Unidas quen recentemente visitou Galiza.
"Os que teñen os familiares nas cunetas, eses non teñen dereitos?"
A Comisión de recuperación da memoria acudirá á xustiza se o alcalde "non recapacita"
Mais desde o grupo municipal do PP insistiron en que as forzas da oposición teiman en reabriren debates que, ao seu entender, ficarán fechadas nos acordos da Transición. Neste senso, Manuel Ruíz Rivas apelou a un acordo da corporación municipal de 1985 para asegurar que existía un consenso entre as forzas políticas con representación para mudaren o nome de até 20 rúas dedicadas a militares golpistas como o xeneral Mola. Porén, "iso é mentira" retrucou desde as bancadas do salón de plenos o secretario da Comisión de Memoria histórica.
A Comisión da Memoria advirte que recorrerán á xustiza se "o alcalde non recapacita"
En conversa con Sermos Galiza, Romay aclara que neste acordo municipal "a daquela Alianza Popular votou en contra" de mudar os nomes das rúas dos "cabecillas do golpe", lembra. Desde a Comisión para a recuperación da memoria queren quitar ferro aos insultos propinados desde a alcaldía e o goberno municipal e salientan que o pleno decorrido na segunda feira reflicte un "feche de ciclo" na súa loita. Neste senso, afirman que terán que procurar "novas vías" para facer cumprir a lexislación vixente e non descartan presentar un recurso xudicial "se o alcalde non recapacita". Pois levan desde o pasado mes de xaneiro procurando que sexa o pleno municipal quen retire o título e o nome da praza a Otero Goyanes.
Quen foi Otero Goyanes?
Desde a Comisión de recuperación da memoria lembran que este militar foi un dos golpistas que apoiaron o alzamento militar. Neste senso, apelan ao pleno celebrado en 1936 cando unha "corporación posta a dedo por un dictador" e "non eleita democraticamente" o nomeou fillo adoptivo de Ribeira. Así, a acta daquela altura salienta a contribución de Goyanes a prol do " glorioso movemento nacional que salvou España da destrución marxista".

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada