![](https://21noticias.com/wp-content/uploads/2025/02/Detalle-do-memorial-cos-nomes-das-vitimas-860x715.jpg.webp)
Estes son os nomes que figurarán na placa do memorial, que, unha vez que se obtiveron todos os permisos necesarios, instalarase no xardín onde se interveu na fosa dos asturianos
A lista de referencia foi a elaborada polo profesor Domingo Rodríguez Teijeiro (Universidade de Vigo) e publicada en 1999 no seu ensaio Longa noite de pedra no Mosteiro de San Salvador: represión e reclusión en Celanova (1936-1943).
1936
1. Emilio Fuentes Canal
2. Manuel Fuentes Canal
1938
3. Benito Bello Fernández
4. Fernando Rodríguez Rodríguez
5. Juan Bueno Sordo
6. Gaspar Fernández Pérez
7. Eladio Menéndez García
8. Agustín Cuervo Carrión
9. Vicente Méndez Fernández
10. Plácido Rosal Valdés
11. Enrique Rodríguez Castaño
12. Ángel Santos González
13. Manuel Faría
14. Ventura Fernández García
15. Mariano Panizo Fernández
16. José Gómez De la Rocha
1939
17. Clemente Abenia Escudero
18. Francisco Solano Lorenzo Ayllón
19. Vicente Álvarez García (Toledo)
20. Manuel Espina Espina
21. Honorio López García
22. José Álvarez Bardasquera
23. Cándido Alonso Escudero
24. Plácido Álvarez Pacheco
25. Abelardo Suárez del Busto
26. Alfonso Moreno Gayol
27. Baldomero Vigil-Escalera Vallejo
28. Belarmino Álvarez García
29. Guillermo de Diego Álvarez
30. Marcelino Fernández García
31. Mariano Blanco González
32. Domingo Mantilla González
33. Enrique Menéndez Zapico
1940
34. Felipe Fernández Álvarez
35. Luis González González
36. Samuel Pico Méndez
37. Lino Álvarez González
38. Ricardo Alegre Serrano
39. Emilio Casielles Álvarez
40. Juan Solís Fernández
41. Amador Mata Mata
42. Bautista García Buelga
43. Julián Antón Parrondo
44. Andrés García Olivares
45. Victoriano Fernández Moreno
1941
46. Constantino Díaz Tuya
47. Domingo Cervera Valverde
48. José Suárez Blanco
49. Luis Álvarez Prendes
50. David Sierra Feito
51. Máximo Ruiz Sánchez
52. Gerardo Tovar Gris
53. Vicente Álvarez García (Oviedo)
54. Francisco Quesada Ruiz
55. Francisco Fernández Llaneza
56. Francisco Enterría Niembro
57. Enrique Senra Fernández
58. Jesús Busto Alonso
59. José Rosales Frías
60. Joaquín García Fernández
61. Ramón Fuentes Gámez
62. Telesforo García Garrido
63. Aniceto Tascón Tascón
64. Robustiano Zuazua Menéndez
65. Gabriel López Gómez
66. Constantino Tuero Amandi
67. Rafael Morales Gordo
68. Francisco Soto Sánchez
69. Victoriano López García
1942
70. Ramón Perna Vallarín
71. Juan Caso Menéndez
72. José Solana Ferraz
73. Faustino González Hevia
74. Jacinto Resino Crespo
75. Fernando González González
76. José Tuñón Díaz
77. Andrés Blanco Poyuelo
78. Anastasio Blas González
79. Nicasio Vázquez Zurita
80. Pedro Jado Bermejo
81. Donato Tejido López
82. Ildelfonso Martínez Jiménez
83. Edilberto Benito Venegas
1943
84. Francisco Moreno Medina
85. Hermenegildo Crespo Velasco
86. Cástor Martín Delgado
87. Julián De Diego Ortego
88. Ramón Yáñez Pereira
89. Manuel Gregorio Nieto Morales
90. Juan Masa Chamorro
As familias de Abelardo Suárez, Marcelino García, e Baldomero Vigil a finais de xaneiro no barrio do LLano en Xixón
O traballo do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova consistiu nunha revisión, un por un, dos expedientes carcerarios e outra documentación da Prisión Central, así como causas e outra documentación achegada polas familias que se localizaron. Ademais, incorporáronse 4 nomes máis (e excluíuse un) trala revisión do material en arquivos, e engadíronse ademais dúas vítimas de paseos en Celanova no 36 e o guerrilleiro asasinado na Caseta en Ansemil no 43.
O memorial, deseño do artista plástico Baldomero Moreiras, en ferro e aceiro, e que se erguera sobre un lápida o pequeno xardín da parte vella do camposanto que se conserva intacta desde aqueles anos, foi financiado polo Plan Estatal de Fosas 2021-2024, coordinado en Galiza polo Grupo Histagra da USC.
Nos próximos días coñecerase a data para a inauguración do memorial. O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova espera que poidan acudir membros das doce familias que xa foron localizadas (apenas o 13% das familias) e realizou xestións diante da Dirección General de Memoria Democrática do Goberno Asturias para que envíe aos actos unha representación desta Administración, que colaborou moi activamente para o éxito dos actos de setembro de 2021 e xuño de 2023, enviando representación a Celanova, e que permitiron a localización das primeiras familias das vítimas da fosa.
Tamén, o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova visitou a finais de xaneiro en Asturias a familiares de presos e realizou xestións para que a familia Vigil-Escalera poida recibir nas próximas semanas os restos de Baldomero Vigil-Escalera Vallejo, identificados tras a intervención na fosa e o contraste das probas de ADN. A familia mostrou a súa vontade de que o acto se realice en Xixón e, na medida do posíbel, antes da inauguración en Celanova do memorial.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada