Emisión de NÓS TV co poeta Claudio Rodríguez Fer, a investigadora Cristina Fiaño, a parente de vítimas Loreley Ritta e a concelleira de Lugo Maite Ferreiro:.
O vello cárcere de Lugo, ubicado no centro da cidade, foi edificado durante o século XIX baixo as pautas do sistema panóptico ideado por Jeremy Bentham. Alí foron recluidos boa parte dos presos e presas políticas da provincia de Lugo e outras partes do Estado na época da guerra civil. Hoxe, sabemos un pouco máis do que supuxo este cárcere grazas ao concello de Lugo, que decidiu rehabilitar o edificio e abrilo de novo para o seu uso socio-cultural, e grazas tamén aos moitos investigadores e investigadoras que non cesan no seu empeño por devolver ás vítimas a dignidade e colocalas na memoria de todas nós que lles corresponde.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada