http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16576.html
Entre eles está o da 'Calesa', unha moza de dezaseis anos violada, mutilada e asasinada por ser socialista.
Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/11/2013
Nova Esquerda Galega (NEG), entidade querelante contras os crimes do Franquismo,esíxelle ao Goberno español que cumpra as resolucións da ONU e investigue as máis de 130.000 desaparicións forzosas no Estado Español e en Galicia, que aínda seguen sen aclararse.
"O comité puxo en evidencia ao Goberno e os seus representantes ao lembrar que España incumple os seus compromisos cos dereitos humanos e a lexislación internacional que subscribiu", sinalou NEG., que entende tamén que a resolución é "un novo revés á xustiza española e ao Tribunal Supremo que se negaron reiteradamente a dar amparo xudicial ás vítimas".
O comité da ONU alertou de que o Goberno incumple a obriga de investigar o destino de máis de 130.000 desaparicións forzosas que aínda seguen sen aclararse en España, así como os casos de decenas de miles de nenos roubados e as 2.500 foxas sen exhumar.
Casos en Galicia
En Galicia e, especialmente en Vigo e a súa comarca, existen numerosas persoas desaparecidas como é o da famosa Rosario Hernández Diéguez 'A Calesa', unha rapaza de só dezaseis anos, vendedora de xornais e simpatizante do Partido Socialista. Nos primeiros días de setembro de 1936 foi violada, mutilada e finalmente asasinada. 'A Calesa' foi tirada ao mar fronte a illas Cíes.
Tamén en Galicia existen numerosas foxas sen exhumar. Recentemente, Nova Esquerda Galega atopou grazas á denuncia de familiares de represaliados unha desas foxas, nun Concello limítrofe a Vigo, onde están enterrados 5 militantes da Fronte Popular entre eles un home e unha muller de Vigo.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada