dijous, 7 de març del 2013

Excucións extraxudiciais


http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion-panel/represion/

Excucións extraxudiciais

O estudo pretende investigar a represión física exercida contra as mulleres galegas na guerra civil e a súa participación na resistencia antifranquista desde o final da confrontación armada até a desaparición da loita guerrilleira.
Tamén se analizan os supostos delitos dos que foron acusadas por parte das autoridades golpistas e intentar responder ás seguintes cuestións clave: ¿o sexo pode ser considerado una á hora de aplicar e modular a represión física levada a cabo polos rebeldes? É dicir, a igualdade de conduta punible, polo feito de ser muller, ¿aplícase unha penalidade diferente á que se imporía a un home?

Esta investigación lévase a cabo grazas á concesión dunha subvención á investigación do Ministerio de Presidencia do Goberno de España, segundo a convocatoria do BOE nº 83 do 7 de abril de 2011.
Como colofón á investigación, elaborouse unha publicación na que participaron os historiadores Julio Prada Rodríguez como editor, e María Concepción Álvarez Gómez, Beatriz Nieto Outumuro, Xoel Díaz Alonso e Alejandro Rodríguez Gutiérrez co título Franquismo y represión de género en Galicia (Catarata, 2013) e na que tamén colaborou o propio Proxecto Nomes e Voces.

Ligazóns de interese:

Ligazón a libros de La Catarata: http://www.catarata.org/libro/mostrar/id/819
Ligazón ao noso especial de Vermellas: http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion/vermellas/
Ligazón ao especial do Proxecto sobre muller: http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion-panel/muller_asoci/