http://memoriadocarcere.com/2015/12/29/xente-que-habia-no-carcere/
No ano 1973 Leonardo Dopico foi detido pola Brigada Político Social en Ferrol e ingresou no cárcere da Coruña, alí reencontrouse con Bernado Bastida, o vello Loureiro, Rafa Pillado e Julio Aneiros. “estabamos en celas individuais pero como Julio Aneiros sufría mareos, secuelas do balazo no pulmón, pedímoslle ó director que nos deixase meter outra cama para que non estivese só e accedeu. A inmensa maioría de presos eran do Partido Comunista(PC). Tamén había un do Movemento Comunista (MC) e dous estudiantes de Ferrol de Liga Comunista Revolucionaria (LCR). A monotonía do cárcere paliábase coas informacións que Rafael Pillado conseguía a través dunha pequena radio, escoitando a Radio Pirenaica. O avogado laboralista Rafael Bárez tamén os informaba dos acontecementos cando ía visitarlles, e en ocasións, os avogados pasaban documentos nunha carteira de doble fondo”.
Leonardo Dopico Vázquez. Responsable político do PC en ASTANO, preso no 73 na Coruña.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada