diumenge, 7 de gener del 2018

María Lopo descóbrenos os segredos da correspondencia amorosa entre Albert Camus e María Casares




Publicado o 04/01/2018 17:00
 
Eran as imaxes do lugar do accidente en que fai hoxe 58 anos morría Albert Camus. Tres anos antes gañara o Nobel de Literatura. Entre as moitas relacións sentimentais que mantivo, hai unha moi especial para nós, a da actriz galega María Casares. Coñecéronse en París o día do desembarco de Normandía. Ela tiña 21 anos, el 30. A súa historia de amor epistolar acaba de ser publicada en Francia.