dimarts, 11 de març del 2014

Acto organizado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36: POEMAS POLAS VÍTIMAS DO 36 NAS RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRA



Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e ANDEL 
comprácense 
en convidalo/a á presentación do caderno

POEMAS POLAS VÍTIMAS DO 36 NAS RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRA
e recital do seu autor, Claudio Rodríguez Fer,

nun acto organizado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, que representará o seu presidente,
Telmo Comesaña Pampillón.

Tamén intervirá Carmen Blanco, coordinadora con Claudio Rodríguez Fer dos cadernos Unión Libre, onde veñen editando unha serie de volumes baixo o título de POESÍA PARA TOD@S, ata agora con textos debidos aos dous escritores citados así como a Olga Novo e a María Lopo, que se entregan ao público de balde en recitais e outros eventos.
Porque nestes tempos en que tanto se quita, aínda hai quen pensa que a poesía debe ser mostra de que a solidariedade e a xenerosidade son posibles, como o verdadeiro amor, que non se pode comprar nin vender, senón simplemente darse.

Terá lugar o xoves, 13 de marzo, ás 20:00 horas,
en
Andel,
na avda. Camelias, 102 de Vigo

Andel do libro galego e portugués
Tel. (+34) 986 239 000
Camelias, 102
36211Vigo
Galiza

www.andelvirtual.com
https://www.facebook.com/andel.libraria

Presentación

Telmo Comesaña Pampillón
Presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36

Introdución

Carmen Blanco
Escritora e coordinadora de Unión Libre

Recital

Claudio Rodríguez Fer
Poeta e autor da obra presentada

Doazón

Entrega dun exemplar da obra a cada unha das persoas asistentes.



DATOS DOS INTERVINIENTES

Carmen Blanco é escritora, estudosa do tema da muller e profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Comprometida sempre coa recuperación da memoria histórica, actualmente é secretaria da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo en Lugo.

Claudio Rodríguez Fer é escritor, estudoso da literatura e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela.
Comprometido tamén coa recuperación da memoria histórica, fixo a súa tese de doutoramento sobre A literatura galega durante a guerra civil e publicou numerosos libros sobre vítimas da contenda, ademais de dedicar tres obras poéticas á memoria antifascista de Galicia: Lugo blues, A loita continúa e Ámote vermella.
Entre outros recoñecementos, foi nomeado Doutor Honoris Causa da Universidade da Alta Bretaña e Presidente de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest.