dimecres, 17 de febrer del 2016

Arturo Taracido Veira : A dignidade.


http://memoriadocarcere.com/2016/02/14/arturo-taracido-veira/


Arturo Taracido Veira


JORGE GUILLERMO TELL debuxo Arturo Taracido na cadea   (anos 30) MdL

Importante personaxe du mundo republicano coruñés, participante en casi todos os eventos culturais e políticos do seu momento. Impulsor da ORGA, firmante do pacto de Lestrove, membro da Irmandade da Fala, masón, presidente do Casino republicano, concelleiro, e teniente alcalde. Salvou a vida pero paso anos en presidio e confinamentos. “Nunca falou cosas tristes á familia”.

Naceu nunha familia moi humilde, ós doce anos empezou a traballar  de mandadeiro no almacén Le beau Marchais na rúa Real e á vez asistía ó colexio polo que pagaba unha peseta. O traballo era moi  duro: traballábase dez horas diarias sen descanso dominical. A pesar de todo conseguíu estudar Comercio polas noites onde con  vintasete anos pasou a ser profesor na Escola.
Tamén gañou a oposición a funcionario municipal  pero decidíu deixalo e  marchar á rúa  Senra a traballar de contable nunha fábrica de zapatos.
No ano 1925 con trinta e oito anos entra a traballar en Laboratorios Orzán onde acaba sendo xerente e socio.
Foi un destacada figura republicana . Participou activamente na vida cultural realizando numerosos artigos e colaborando en publicacións como A Nosa Terra. Foi fundador da Irmandade da Fala, presidente do Casino republicano (1936), impulsor da ORGA e do FRG e un dos participantes no Pacto de Lestrove. No ano 1935 intégrase en UR.
Foi concelleiro na Coruña en 1931-34, vicepresidente da Deputación e tenente alcalde en 1936.
Co golpe de Estado entra no cárcere onde comparte presidio con Suárez Ferrín e Martín Martínez
Tiña  50 anos. Estaba casado con Matilde Fraga e tiña tres fillos.
taracido foto con muller
Foi liberado en Outono pero seguíu a persecución. No domicilio de Juan Florez, apareceron ó pouco tempo “los Caballeros de La Coruña”  buscalo. O seu fillo  Arturo lémbrao ben: “llegaron de madrugada  con fusiles amenazando a mi madre y a nosotros que teniamos quince, trece y siete años. Mi padre estaba escondido en casa de un amigo porque Manuel Sáez – de Torres y Sáez-  lo solía avisar cuando sabía que peligraba”
Decide fuxir  e marcha un tempo a Vigo onde o aloxa un representante do laboratorio e despois a Lugo as casa do seu cuñado, alí, en Lugo foi apresado de novo e levado ó cárcere da Coruña onde estivo desde desde o 5 de octubro de 1.937 ata o  13 de novemmbro de 1.938
Na Coruña compartíu presidio con Nicolás Miguez Miguez e Pelayo Ruíz, con Quintás Goyanes, Benigno  Araujo,  Domingo Quiroga  e Jordi Tell que viñera cun grupo de catalanes que foran deportados pola GESTAPO “ Boadella que era violoncelista, Gascon, Petitet, y  uno de derechas que estaba en Alemania esquiando: Alvareda”  -segundo conta o seu fillo-. e xunto con  Quintás Goyanes que os recorda nun poema.
Recorda que no cárcere todos axudaban a todos e tamén se daban clases. A solidaridade se mostraba tamén compartíndo a comida que todos os días lle levaba a asistenta María.
Tamén recordou moitas historias tristes dalí dentro.
Durante ese tempo a familia tivo que cambiarse de domicilio pois eran aterrorizados por algunha veciña que os amenazaba con paseos e penas de morte.
taracido grupo coa mullerPouco despois foi levado ó cárcere a Madrid e en octubre de 1.941 foi xuzgado polo Tribunal para la Represión de a Masonería y el Comunismo e  condeado a doce anos y un día de de confinamiento. Foi desterrado a Fuerteventura,  León e Lugo e regresa a Coruña no ano 1946 onde periódicamente tivo que presentarse na comisaría.  Afortunadamente os Laboratorios Orzán do que era socio mantivolle o soldo todo o tempo de prisión e volveu traballar ata que tivo más de oitenta anos.
Arturo Taracido Veira tivo unha  longa vida. Nunca falou dos seu anos de presidio pero sempre reivindicou o laicismo, os valores positivos do ser humano e o rexeitamento da violencia.”La violencia no conduce a nada, sólo estar en un régimen inaguantable”

entrevista realizada ó fillo de Arturo Taracido en xaneiro de 2015 ( Carmen G-Rodeja)