- As familias queren o monumento nun lugar ben visible e non nun recuncho do cemiterio.
A Asociación para A Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH) afirma a súa sorpresa ante o anuncio en prensa do 14 de agosto porparte da edil da concellería de Participación Cidadá de instalar no cemiterio de San Froilán de Lugo unha obra escultórica en lembranza das vítimas da ditadura franquista para este ano.
Na ARMH levamos muito tempo traballando, xunto cos familiares, pola dignificación das vítimas da Ditadura e presentado propostas. Na Concellería de Participación Cidadá presentamos un proxecto para a realización dun monolito, cunha proposta de obra e lugar, un lugar digno de memoria no cemiterio, onde as familias puidesen lembrar e levar flores aos seus seres queridos.
Non so non contestaron , senón que esta concellería impedíu facer un acto aos familiares en lembranza dos represaliados sen sepultura no cemiterio de San Froilán. Tampouco se lles convocou para comunicarles a existencia de tal monumento que pretenden facer a ao marxe deles.
A ARMH acaba de solicitar a documentación do expediente de licitación da citada obra anunciada pola concellería de Participación Cidadá, de acordo coa “Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia,acceso a la información pública y buen gobierno.” Imos esixir ao Concello toda a información sobre o que se pretende realizar por parte desta concellería no cemiterio de San Froilán de Lugo, e por suposto esixir a participación no mesmo da ARMH e dos familiares das vítimas.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada