divendres, 4 de març del 2016

Ó lonxe o ruido da fábrica de armas.


http://memoriadocarcere.com/2016/03/03/o-lonxe-o-ruido-da-fabrica-de-armas/



Os días facíanse longos e as noites mías longa ainda. As nosas vidas xa non tiñan esa sensación acongojada da espera, tiñan máis ben a apatía da renunciación, pois morriamos pouco a pouco aplastados pola certeza da derrota (…) Ibase a noite e non levaba nada de nós; ficamos con aquello que ninguén nos pudo quitar: os sentimentos.: Chegou o día i escoltábamos a chegar os ruidos lonxanos da cidade que bulía e desgoraba; os centinelas seguían berrando Alerta! par despertar  os noso pensamentos amornados; os ta-ta-ta-ta-ta… das ametralladoras que os da fábrica de armas estaban probando para que quedaran ben axeitadas, ouvíase perto de nós como unha diana que nos regalaban pra que nonos esquencéramos dos irmáns que as devanditas armas iban a matar”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicions do Castro. Sada