A Plataforma pola República.
Constituída polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán e polos partidos políticos Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.
Organiza os seguintes Actos en torno ao 14 de
abril, 85º aniversario da proclamación da II República :
- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da
Frouxeira”.
Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da
represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes
“paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa
ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)
- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo
Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”.
Peza audiovisual que mezcla
teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns
dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo
e de José Torregrosa. - Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e ExPresidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.
A pola Terceira!!
unha Terceira República en Paz, Xustiza e
Progreso.
--------------------------------------------------
Nota de
prensa da Plataforma pola República
Conmemoración da II República. A pola terceira!
Unha
república para o século XXI: Un reto inaprazable.
Está aínda por escribir, e por levar aos
libros de Historia e os libros de texto das escolas, o que supuxo aquel 14 de
abril de 1931. Foi un salto de xigante desde a condición de súbditos dunha casa
de Borbón apolillada na súa propia inconveniencia histórica, para converterse en cidadáns libres e iguais,
camiñando ao futuro, emanada a II República do pobo para o pobo.
Tras o sacrificio dos seus mellores homes e
mulleres na súa defensa, tras o reinado de terror que supuxo a eterna ditadura
franquista, acaso non quedou relegada, á
hora de elaborar a Constitución de 1978, a lexítima aspiración do
restablecemento da República? Acaso non entrou dita cuestión nunha especie de
letargo (nunca acaba de chegar o momento de facer xustiza a un Pobo ao que se
lle arrebatou pola forza a súa forma de goberno)?
Así, asistimos ao final dun monarca acabado e
a chegada á xefatura do Estado do seu fillo sen que fora elixido pola
cidadanía, sen que aflorase a necesidade de terminar cun anacronismo, onde
incluso vulnerouse a Constitución, discriminando por cuestión de sexo.
Debemos atrevernos hoxe, porque mañá volvería
a ser tarde, un paso ao fronte para recordar a todas e todos unha débeda co
noso pasado máis digno e que mellor pode asegurar o noso futuro.
A chegada do 14 de abril, volve a reclamar
coherencia e compromiso: De que sirve unha teoría sen praxes...?
Merecemos, merecen as vindeiras xeracións de
cidadáns unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.
Depende de nós alcanzar a maioría de idade
coma donos do noso propio destino.
A pola Terceira!!
Organiza
Plataforma pola República. Constituída polas asociacións
Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán e polos partidos políticos Anova,
Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra
Galega.
Actos a
realizar pola Plataforma pola República neste 2016:
-
Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”.
A continuación, teremos un encontro onde
Carlos Etchevarría, o cal tivo un papel fundamental na creación do Ateneo
Republicano de Galicia e do cal foi presidente, falará en nome da Plataforma pola República.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada