https://www.ivoox.com/a-represion-franquista-durante-a-guerra-civil-audios-mp3_rf_138959882_1.html
Episodio de A ferida aberta no 36
Neste primeiro capítulo relatamos as consecuencias que tivo en Galicia o alzamento militar de 1936; sobre todo, entre os creadores e a clase política galega. Algúns morreron fusilados e paseados; outros foron encarcerados e , dos que se salvaron, moitos emprenderon o camiño do exilio. Repasámolo nunha reportaxe. Conversamos tamén con Conchi López, sobre o plan de exhumación de fosas realizado polo grupo Histagra en Galicia, e pulsamos a opinión de Matías Rodríguez da Torre, de Iniciativa Galega pola Memoria, despois de que o Partido Popular puxera en cuestión os crimes do franquismo na chamada "illa dos mortos", na illa de San Simón.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada