dilluns, 24 d’abril del 2017

Xuntanza de Confraternidad Republicana.





LEVADA LIBRE, o día 30 de abril,   vai celebrar una Xuntanza de Confraternidad Republicana, Estamos ultimando os actos a celebrar, cando os teñamos os informaremos. Adxuntamos cartel da Xuntanza

Homenaxeamos este ano aos Guerrilleiros/Fuxidos, antifascistas que loitaron contra o franquismo despois da guerra civil do 36, contaremos entre nos, con superviventes integrantes de aquel movemento, entre eles, ao último guerrilleiro do Bierzo,  Francisco Martínez “Quico”, que a os seus 92 anos, teremos o honor da súa presenza.

Posteriormente no Parador S. Telmo de Tui, terémos una degustación de viños da Turonia e un Xantar de Confraternidade

Na sobremesa, bouffet de cafés e infusions, con tertulia, actuacions musicales e outros actos culturais. farase entrega a cada comensal dun libro con artigos de colaboradores de Levada Libre con título: MEMORIA E SENTIMENTO nº 4

O prezo do convite: 30 €.
Reservas antes do 27 de abril:  ferruxo@gmail.com  teléfono. 630935076
                                            levadalibre@gmail.com