diumenge, 29 de gener del 2017

Actos en Memoria das Vítimas do Holocausto en Narón e Ferrol (Fotos)



A Asociación Memoria Histórica Democrática, o pasado 27 de xaneiro, participou e colaborou na celebración dos Actos Institucionais, nos Concellos de Narón e Ferrol, en conmemoración do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.
Os actos consistían no aceso de seis veas, cada unha delas representativa dun determinado colectivo dos que sufriron aquela barbarie. Cada vela foi acendida por un alumno ou alumna do Instituto participante, así como a explicación do siginificado deste evento, por parte dos historiadores: Esperanza Piñeiro, en Ferrol e Enrique Barrera, en Narón.
En Ferrol participaron, coa súa achega musical, membros da Banda de Música Municipal, e, en ambos Concellos, pecháronse os actos coa intervención institucional.

ÁLBUMES FOTOGRÁFICOS